[go: up one dir, main page]

    Release CalendarTop 250 MoviesMost Popular MoviesBrowse Movies by GenreTop Box OfficeShowtimes & TicketsMovie NewsIndia Movie Spotlight
    What's on TV & StreamingTop 250 TV ShowsMost Popular TV ShowsBrowse TV Shows by GenreTV News
    What to WatchLatest TrailersIMDb OriginalsIMDb PicksIMDb SpotlightFamily Entertainment GuideIMDb Podcasts
    OscarsPride MonthAmerican Black Film FestivalSummer Watch GuideSTARmeter AwardsAwards CentralFestival CentralAll Events
    Born TodayMost Popular CelebsCelebrity News
    Help CenterContributor ZonePolls
For Industry Professionals
  • Language
  • Fully supported
  • English (United States)
    Partially supported
  • Français (Canada)
  • Français (France)
  • Deutsch (Deutschland)
  • हिंदी (भारत)
  • Italiano (Italia)
  • Português (Brasil)
  • Español (España)
  • Español (México)
Watchlist
Sign In
  • Fully supported
  • English (United States)
    Partially supported
  • Français (Canada)
  • Français (France)
  • Deutsch (Deutschland)
  • हिंदी (भारत)
  • Italiano (Italia)
  • Português (Brasil)
  • Español (España)
  • Español (México)
Use app
Back
  • Cast & crew
IMDbPro
Padre Casares (2008)

Episode list

Padre Casares

    • SeasonsYears
    • 12345678910111213141516
  • Padre Casares (2008)

    S1.E1 ∙ O milagre de Santo Antonio de Louredo

    Tue, Jan 15, 2008
    O acabado de ordenar sacerdote, Horacio Casares, chega á parroquia de Louredo. A súa misión, substituír a don Crisanto, home xa maior que empeza a padecer os problemas da idade. A súa chegada a Louredo coincidirá coa festa patronal de Santo Antón Abade, unha ancestral celebración que culmina co lanzamento dun porco desde o alto do campanario.
    Padre Casares (2008)

    S1.E2 ∙ Onde dous ou tres reúnense no meu nome

    Tue, Jan 22, 2008
    A igrexa de Louredo está chea de pingueiras. A parroquia non dispón de medios económicos para facer fronte á reparación. Será necesario sacar diñeiro de onde sexa. Por outro lado, debido ás tarefas de reparación, Horacio Casares verase obrigado a levar a misa fóra da igrexa, pero vaise atopar coa negativa de Delmiro, o alcalde ateo da vila
    Padre Casares (2008)

    S1.E3 ∙ Un toque de cor

    Tue, Jan 29, 2008
    Chegada a hora de pintar a igrexa, a polémica está servida. Miñato, o encargado das tarefas de reparación no templo, elixe unha cor verde que, segundo o parecer de moitos dos veciños, podería non ser a máis axeitada.

    Por outra banda, Horacio Casares, home de gustos refinados e espírito ávido de novos coñecementos, sentirase tentado de participar nunhas clases de bailes de salón; algo pouco visto nun sacerdote e moito menos nunha vila pequena.
    Padre Casares (2008)

    S1.E4 ∙ O segredo está nas formas

    Tue, Feb 5, 2008
    Os tempos cambian e coa modernidade chega o libre mercado que, como a todo o demais, afecta tamén aos provedores da Igrexa. Un incidente acontecido na parroquia de Louredo levará ao novo párroco a pensar que talvez sexa o momento de cambiar o provedor das obleas. O problema é que a provedora de toda a vida é Lidia, a dona do bar e do ultramarinos da vila. Por outra banda, Delmiro, o alcalde comunista, sorprenderá aos veciños cunha iniciativa que levará ao enfrontamento dos cidadáns: movido por un espírito de laicismo, o rexedor pretende cambiar o nome da vila de Santo Antonio de Louredo, a Louredo sen máis.
    Padre Casares (2008)

    S1.E5 ∙ San Antonio Peregrino

    Tue, Feb 12, 2008
    É tradición na vila de Louredo, como en moitas outras vilas pequenas de Galicia, custodiar as imaxes dos santos nas casas dos veciños. Pero ás veces a devoción vólvese ambición... Neste particular, as obras na igrexa farán necesario que alguén coide da imaxe do Santo Antonio dun xeito especial. É unha gran responsabilidade e nin Amelia nin Lidia queren ser menos ca outra...

    Alleos a estes enfrontamentos, os homes da vila acudirán a un curso de repostería no centro social; pero non porque teñan vocación de pasteleiros... Pola súa banda, Horacio tomará unha decisión: o despido de Santi.
    Padre Casares (2008)

    S1.E6 ∙ A voda do ano

    Tue, Feb 19, 2008
    O fillo de Delmiro e mais a sobriña de Amelia queren casar pola Igrexa. Todo sería moi doado se non fose pola negativa de Delmiro, ateo declarado, que non quere que o seu fillo faga unha voda relixiosa.

    Por outra banda, tras o despido de Santi, Horacio Casares contratará unha muller chamada Cecilia. Esta decisión custaralle ao párroco as críticas dalgúns veciños.
    Padre Casares (2008)

    S1.E7 ∙ Confianza

    Tue, Feb 26, 2008
    Horacio Casares leva un tempo asistindo ás clases de baile, tendo como compañeira de baile a Iria, a mestra de galego. Dada a condición relixiosa de Horacio, os dous amigos levan en segredo a súa afección compartida, pero os rumores correrán coma a pólvora pola vila de Louredo.

    Por outra banda, Josito quere ser funcionario do concello. O cuñado do alcalde cre que coa súa relación familiar xa é suficiente, pero Delmiro está moi agoniado coa situación. Ademais, Josito pretende pechar o acordo subornando o seu cuñado cun xamón.
    Padre Casares (2008)

    S1.E8 ∙ Amador, o apóstata

    Tue, Mar 4, 2008
    Amador, o pai de Maite, a guapa da vila, morre dun infarto xogando a partida no bar de Lidia e Sindo. Da tristeza dos veciños de Louredo pasarán á sorpresa: Amador, suposto ateo convencido, deixa escrito que quere unha misa pola súa alma.

    Conmovidos, os veciños deciden crear un coro na vila, para que cante na misa do defunto. Pero o coro precisa dun local e Delmiro, enfadado pola traizón ideolóxica de Amador, non está disposto a ceder o uso do local social, e monta un coro laico pola súa conta.
    Padre Casares (2008)

    S1.E9 ∙ Josito ten praza

    Tue, Mar 11, 2008
    Delmiro merca un barco cos cartos da parroquia e do concello para atraer o turismo á vila. Josito é o único que, teoricamente, xa que só fixo unha práctica, ten carné para patronar un barco, así que Delmiro logra convencelo coa condición de que así terá unha praza no concello.

    A superstición comeza a callar entre os veciños de Louredo. Unha sucesión de accidentes, protagonizados polos veciños da vila, farán que Horacio Casares teña que tomar cartas no asunto e apelar á razón dos seus fregueses.

    Por outra banda, parece que entre Elsa, unha das beatas da vila, e Sindo, dono do bar e da tenda e home de Lidia, está a nacer algo máis que unha relación de colegas, entre as dúas mellores voces de Louredo.
    Padre Casares (2008)

    S1.E10 ∙ Elsa in Love

    Tue, Mar 18, 2008
    Definitivamente Elsa, a beata, devece por Sindo, o home de Lidia. A paixón da muller é tal que a pobre anda apampada todo o día e non deixa de acosar a Sindo cada vez que coincide con el no coro. A situación acabará complicándose, por mor dunha nota escrita pola muller que chegará ás mans da persoa menos pensada.

    Por outra banda, chega o momento de cumprir cunha tradición de Louredo: a colecta anual para os máis desfavorecidos. Pero este ano Horacio Casares decidirá facer algunhas innovacións no sistema de recollida dos cartos. Ademais, para non facer de menos a don Crisanto, o novo párroco decidirá darlle ao ancián unha responsabilidade especial...
    Padre Casares (2008)

    S1.E11 ∙ Delmiro contra todos

    Tue, Mar 25, 2008
    O namoramento de Elsa está a provocar certos danos colaterais. O prexudicado: Delmiro. Un malentendido ten ao alcalde entre a espada e a parede. Moncha, a súa muller, quere botalo da súa casa. Unha vez máis será necesaria a mediación de Horacio Casares.

    Por outra banda, semella que Iria, a mestra de galego do colexio, ten un admirador. Trátase de Paulo, o profesor da academia de baile. Iria acepta quedar despois da clase para tomar un café, pero, para sorpresa de Paulo, a moza aparecerá acompañada pola súa amiga Maite.
    Padre Casares (2008)

    S1.E12 ∙ Cuestión de fe

    Tue, Apr 1, 2008
    Delmiro está desesperado por volver coa súa muller. Pero Moncha poñeralle unha condición: ten que converterse e ir á misa, como todo fregués que se prece. A Delmiro a idea non lle vai facer moita graza, pero pola súa muller faría case calquera cousa.

    Pola súa banda, Horacio Casares empeza a sentir algo que o fai dubidar sobre todos os principios que rexen a súa vida. O motivo ten nome de muller: Iria, a profesora da escola.
    Padre Casares (2008)

    S1.E13 ∙ De porcos, vacas e outras bestas

    Tue, Apr 8, 2008
    O bispo pídelle a Horacio Casares que xustifique os motivos da súa vontade de marchar de Louredo. Horacio redacta unha carta; unha redacción que será, constantemente, interrompida polas queixas de Elsa, que ten problemas cunha veciña.

    Contribute to this page

    Suggest an edit or add missing content
    Padre Casares (2008)
    Top Gap
    By what name was Padre Casares (2008) officially released in Canada in English?
    Answer
    • See more gaps
    • Learn more about contributing
    Add episode

    More from this title

    More to explore

    Recently viewed

    Please enable browser cookies to use this feature. Learn more.
    Get the IMDb App
    Sign in for more accessSign in for more access
    Follow IMDb on social
    Get the IMDb App
    For Android and iOS
    Get the IMDb App
    • Help
    • Site Index
    • IMDbPro
    • Box Office Mojo
    • License IMDb Data
    • Press Room
    • Advertising
    • Jobs
    • Conditions of Use
    • Privacy Policy
    • Your Ads Privacy Choices
    IMDb, an Amazon company

    © 1990-2025 by IMDb.com, Inc.